0

Temas pendentes no barrio

Entre o veciño JesusMC(Moitas grazas) e un pouco da miña colleita imos recopilar os temas pendentes que hay no barrio

Tema apertura de ruas:

Abrir a Avda Caidos.
Abrir Antonio Rios.

Conectar a rua Oleoducto e as Xubias > Según o alcalde «se realizará» cando?, a saber…
O tapón na rua da Igrexa.
O muro da rúa Oleoducto e as súas inutiles beirarruas de unha soa baldosa

Tema equipamentos

A nosa media tirolina > En septembro do ano pasado instalaron unha tirolina que tivo moito éxito entre os cativos, pero coas obras da garderia e centro de terceira idade quitaron unha base, e agora so temos media tirolina, segundo o alcalde estan estudando onde poñer a tirolina.
O polideportivo > Inaugurase en 2012, pero ainda non está nin a primeira pedra.
Estación BiciCoruña > Un soño?
Parque de Eiris > Co coste dun millón de euros que tivo aproximadamente a cúpula, hay gravilla en vez de un pavimento que facilitea a sua accesibilidade
Parque de Oza > Obra moi moi lenta. En canto a sua execución: Os muros caenselle as pedras e a metade das tapas do alcantarillado son recuperadas doutras zonas e non se han limpado nin pintado, os taúdes tal e como se fixeron e os canles de desague, farán que o parque aguante moi mal os invernos.

Creedes que falta algo?

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.