0

Un condutor bebido danou catro coches estacionados no Castrillón

Un condutor perdeu onte o control do seu vehículo e chocou contra catro coches estacionados no Castrillón causándolle importantes danos. A pesar do espectacular accidente o home non sufriu feridas.

O suceso tivo lugar ás 2.10 horas cando o condutor conducía pola rúa Curtis, á altura do número 2, a escasos metros da vinoteca A Estancia. Ata o lugar desprazáronse de forma inmediata varias patrullas da Policía Local. Os axentes tomáronlle declaración ao condutor e sometéronlle á proba de alcoholemia que resultou positiva. Os policías inmobilizaron o vehículo causante do accidente e puxeron os feitos en coñecemento da autoridade xudicial.

Fonte: www.lavozdegalicia.es

Anuncios

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.